O traballo de deseño, maquetación e programación durou varios meses e foi documentado en tempo real nunha serie de posts publicados en Medium. A intención era aproveitar que se trataba dun aside project e experimentar con diferentes formas de navegación, interface, layouts, tipografía etcétera.

Tamén se lle dou especial importancia ao uso da cor: cada obra ten as súas cores propias, sacadas directamente da imaxe, creando unha experiencia máis inmersiva e unha maior comunión entre texto e imaxe. Ademáis, asegurámonos de que todas as combinacións de cores cumpran como mínimo o nivel AA de accesibilidade, chegando na maioría de casos ao AAA.

Captura da páxina coa obra "Do women have to be naked to get into the Met. Museum?", das Guerrilla Girls

Captura da páxina coa obra "Hombre en su baño" de Gustave Caillebotte

Captura da páxina coa portada do disco "Sgt. Pepper's", dos Beatles

Captura da páxina coa etiqueta "Mujer ♀"