Óscar Otero Marzoa
deseñador UX/UI, desenvolvedor e director creativo

Santiago de Compostela

Experiencia profesional

2016-hoxe

Deseñador UX Senior en Abanca
A Coruña
No departamento de UX adicámonos a mellorar a experiencia de usuario de diversos produtos dixitais, tanto os destinados para uso interno como para o cliente final. Creamos e mantemos a guía de estilo, deseño de compoñentes, etc.

2015-2016

Freelance, traballando en varios proxectos web como deseñador UX/UI e desenvolvedor.

2008-2015

Cofundador e socio da navalla suíza
Santiago de Compostela
Empresa gañadora de varios premios adicada ao deseño e desenvolvemento web. Especializada na creación de redes sociais, sitios multimedia, corporativos, xornais dixitais, aplicacións web e documentais interactivos para clientes nacionais e internacionais.

2004-2008

Director creativo e xefe de deseño en Acordar
Santiago de Compostela
Dedicado a proxectos de deseño web para organismos públicos, bancos e outras compañías de tamaño medio ou grande. Tamén fixen moitos traballos de deseño para o xornal dixital Vieiros

2002-2004

Deseñador gráfico en 3C3
Santiago de Compostela
Adiqueime ao deseño de identidade corporativa, editorial, cartaces e todo tipo de deseño en papel.

Premios

2018

2010

MIPTV Digital Creativity Festival “Content 360o” na categoría “Next generation online video experience”, co proxecto “Augmented Films”, presentado pola Navalla suíza.

2008

Premio Mestre Mateo na categoría “Mellor proxecto interactivo”, pola web “flocos.tv”, presentado pola Navalla suíza. O proxecto foi cancelado en 2011.

Educación

2001-2002

Título superior de Deseño gráfico (Gráfica publicitaria). Escola Pablo Picasso, A Coruña.

1999-2001

Título de Artes gráficas (Especialista en preimpresión). Escola Calvo Sotelo, A Coruña.

Como deseñador

Traballei para clientes como a NFB de Canadá, Xunta de Galicia, Televisión Española, ABANCA, Siniestro Total, Chévere, etc. Teño grandes coñecementos sobre tipografía, experiencia de usuario, deseño de interacción, usabilidade e accesibilidade. Participei en proxectos de todos os tamaños, creando sistemas de deseño complexos, prototipos, wireframes e arte final, empregando todo tipo de ferramentas de deseño dixital, como Sketch, Illustrator, Phostoshop, Indesign, etc.

Formo parte da DAG dende a súa fundación, colaborando activamente na defensa e promoción da profesión de deseñador e formando parte da xunta directiva.

Podes ver alguns proxectos nos que traballei no meu perfil DAG e Behance

Como escritor de código

Ainda que sempre fun deseñador, pronto me interesei polo código, xa que son dos que pensa que os deseñadores web deberían saber escribir código. Comencei escribindo PHP e ActionScript básico grazas a letrag.com, un proxecto persoal en forma de web tipográfica iniciado en 2004 e que estiven actualizando ata 2011, pero que aínda hoxe segue sendo un dos sitios de tipografía máis visitados en galego e español.

Actualmente podo escribir código de boa calidade en HTML, CSS, vanilla javascript e PHP. Son moi activo na comunidade de código aberto, liberando moitos dos proxectos que fago. Tamén colaborei co PHP-FIG, definindo algúns estándares para a comunidade de PHP.

Podes visitar o meu perfil de github.

Cursos e charlas

De vez en cando dou cursos, charlas ou escribo sobre deseño e web.

Contacto

Podes contactar conmigo das seguintes maneiras: