Ir a Estambul a dar un taller de open video en inglés e conseguir que os
alumnos me entenderan.
Compartir cartel con Javier Cañada, Álvaro
Valiño, Raquel Pelta, Pepe Barro e moitos outros grandes profesionais falando
de web e interactividade.
Estudar letras puras (latín e grego) para acabar nun grupo de traballo do
PHP-FIG discutindo con enxeñeiros sobre un novo estándar de PHP
Http Middlewares.
Awesome design: Colección de
recursos de código aberto para deseño web.
Awesome talks: Colección de
conferencias interesantes sobre deseño en galego e castelán.
Chipi: Deseño e prototipado
dunha aplicación de escritorio que permitía buscar en calquera servicio
(Slack, Google Docs, Trello, etc).
(Prototipo en sketch,
Páxina web)
Co-deseñei (xunto a David Bonilla e Hugo Tobio) e programei as webs das
últimas edicións da Tarugoconf:
Tarugo5 - A que iba ser a edición de
2020 que logo se cancelou para facer a versión «Sofá edition»,
Tarugo20 - Sofá edition e
Tarugo21.
Código
Fixen
un plugin de Figma
para traballar con textos dende arquivos de Google Spreadsheets
(código).
PHP-Gettext: Conxunto de ferramentas en PHP
para traballar con Gettext.
Máis cousas en PHP como Embed (para
escanear e recoller datos de webs),
SimpleCrud (para realizar
operación CRUD en base de datos) ou
FormManager (para crear e
validar datos en formularios).
Varias ferramentas en Node como
node-sketch (para editar
documentos de Sketch) e
keep-a-changelog (para crear
changelogs).
Outras utilidades de javascript frontend como
carousel (web component para
crear carruseles) ou
page-loader (para cargar e
crear transicións chulas entre páxinas).