A primeira parte do proxecto consistiu no deseño da identidade corporativa. O logotipo que tiñan naquel momento estaba feito con cadrados a modo de píxeles. Mantívose ese concepto de píxel no novo logo pero outorgándolle moita máis flexibilidade e combinándoo coa tipografía Knile

Imaxe co logo de Chipi

O funcionamento da aplicación é bastante parecido a outros buscadores como Spotlight ou Alfred, pero con moitas máis funcionalidades.

Ademáis, a rapidez e a accesibilidade son factores diferenciais, polo que debía poderse manexar empregando unicamente o teclado. A caixa de busca aparece cunha simple combinación de teclas Ctrl + Space:

Vista inicial da aplicación

Cando se comeza a escribir, a aplicación vaiche amosando resultados de xeito instantáneo. En cada resultado pódese ver o avatar do autor, a icona da canle onde se atopou (Trello, Slack, Hangout…), o título, data de modificación e un pequeno extracto. Manexando únicamente as frechas do teclado, podemos navegar polos resultados e entrar nun deles.

Vista da aplicación con resultado dunha busca

Chipi tamén permite engadir determinados argumentos na pesquisa para filtrar os resultados. Por exemplo, escribindo within:1d amósache resultados só do último día.

Vista da aplicación con resultados filtrados

Ao entrar nun resultado, podemos ver máis detalles e executar accións asociadas como abrir a mensaxe ou copiala.

Vista da aplicación cun resultado aberto

Podes experimentar máis detalles da aplicación neste prototipo interactivo (Aínda que só funciona en Google Chrome) e tamén os deseños completos realizados en Sketch.